Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.565

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 17 de novembro de 1998, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas (Orde do 30 de outubro de 1997), polo que se fai público o lugar de exposición da relación de aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición e o lugar, a data e a hora de celebración do terceiro exercicio da fase de oposición.

Primeiro.-As listas de aspirantes aprobados no segundo exercicio están expostas nos taboleiros de

anuncios das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública e nas súas respectivas delegacións. Así mesmo, publicaranse no taboleiro de anuncios da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e poderán consultarse a través do teléfono 902 12 00 12 de atención e información ó cidadán.

Segundo.-O terceiro exercicio celebrarase o día 12 de decembro de 1998, ás 9 horas, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, aula 5.

Terceiro.-Poderase levar para súa utilización no caso práctico o seguinte material:

Calculadora.

Textos legais sen comentarios.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado unha hora antes da sinalada para o comenzo do exercicio, provistos do DNI.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1998.

María Casais Mira

Presidenta do tribunal

10576