Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

Por providencia da alcaldía do 16 de outubro de 1998, dispúxose a seguinte resolución:

1. Desestima-las alegacións presentadas durante o período de exposición pública, ó proxecto de urbanización Peruleiro-Manuel Murguía.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización Peruleiro-Manuel Murguía, redactado polo enxeñeiro de camiños municipal.

O que se fai público, significando que contra o acordo que se traslada cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

A Coruña, 23 de outubro de 1998.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro de Urbanismo

10443