Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da subministración de 50 ordenadores persoais e 20 impresoras láser con destino ás delegacións territoriais e á oficina liquidadora de distrito hipotecario do Carballiño.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 41/1998

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: suministración de 50 ordenadores persoais e 20 impresoras láser con destino ás delegacións territoriais e á oficina liquidadora de distrito hipotecario do Carballiño.

b) División por lotes e número:

Lote I: 50 ordenadores persoais.

Lote II: 20 impresoras láser.

c) Prazo de entrega: 15 días naturais a partir do outorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 12.250.000 pesetas dividido nos seguintes lotes:

Lote I: 10.750.000 pesetas.

Lote II: 1.500.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional:

Lote I: 215.000 pesetas.

Lote II: 30.000 pesetas.

Definitiva:

Lote I: 430.000 pesetas.

Lote II: 60.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

b) Domicilio: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os especificados no prego de cláusulas administrativas (PCA).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 6 do PCA.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, rúa San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, rúa San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 13 horas do terceiro día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

0119