Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.518

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 16 de novembro de 1998, do tribunal encargado de xulga-las porbas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, polo que se fai público o lugar de exposición das cualificacións obtidas polos aspirantes no segundo exercicio da fase de oposición e o lugar, a data e a hora de celebración do terceiro exercicio da fase de oposición.

Primeiro: as listas de aspirantes, coas puntuacións do segundo exercicio, están expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nas súas delegacións territorias. Así mesmo, publicaránse no taboleiro de anuncios da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela e poderán consultarse a través dos teléfonos 902 12 00 12 e 981 54 42 99, de información ó cidadán.

Segundo: convócase ós aspirantes aprobados a la celebración do terceiro exercicio que se celebrará o día 19 de decembro de 1998, ás 8.30 horas, nas aulas da Escola Galega de Administración Pública (Rúa de Madrid 2-4, Santiago de Compostela).

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado, media hora antes da sinalada para o comenzo do exercicio, provistos de DNI e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1998.

Fernando Soler Pareja

Presidente do tribunal

10211