Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.494

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 12 novembro de 1998 pola que se regulan as subvencións a salas de exhibición cinematográfica situadas en zonas rurais ou de baixa rendibilidade.

As salas de exhibición cinematográfica son un foro cultural particularmente importante na sociedade actual. É sabido que no presente o sector da exhibición cinematográfica atravesa unha importante crise, que ten como principal efecto o crecente peche de salas, particularmente en zonas rurais. Na actualidade, son as comunidades autónomas a administración competente para convocar e conceder axudas á exhibición cinematográfica, conforme os criterios establecidos no Real decreto 1039/1997, e a Orde do 4 de maio de 1998, do Ministerio de Cultura.

Por todo isto

DISPOÑO:

Artigo 1º

Convócanse subvencións a salas de exhibición cinematográrica situadas en zonas rurais ou de baixa rendibilidade convocadas a través da resolución do Instituto de Cinematografía e Das Artes Audiovisuais, do 7 de xullo de 1988, con cargo á aplicción orzamentaria 10.04.353C.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, nos que existe un crédito para este efecto por un importe de 2.134.458 ptas.

Artigo 2º

Poderán optar ás subvencións os titulares de salas de exhibición cinematográfica situadas fóra de capitais de provincia e en localidades con poboación inferior a 50.000 habitantes, que durante 1997 tive

sen actividade, cando menos, durante catro meses, obtendo unha recadación anual bruta inferior a 5.000.000 de pesetas, e que estean inscritos no Rexistro de Empresas do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais.

Artigo 3º

A contia das axudas será proporcional ó número de semanas de actividade realizada por cada sala durante o ano 1997, sen que, en ningún caso, a contía da axuda poida ser superior á recadación bruta obtida no dito ano.

Artigo 4º

As solicitudes faranse mediante instancia dirixida ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, segundo o modelo que figura como anexo desta orde, e presentarana no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do establecido no artigo 38.4º da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Xuntaranse os seguintes documentos:

1. Instancia.

2. Fotocopia do DNI do solicitante.

3. Acreditación compulsada da súa titularidade sobre a sala.

4. Documentación compulsada acreditativa da inscrición da sala no Rexistro de Empresas do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais.

5. Fotocopia compulsada do documento acreditativo de estar ó día no pagamento do imposto de actividades económicas.

6. Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal.

7. Acreditación da actividade mediante a presentación de fotocopia compulsada dos partes-declaración de exhibición semanal debidamente cubertos pola Sociedad General de Autores y Editores.

8. Relación na que se indique o número de semanas de actividade indicando a recadación bruta por semana.

9. Para efectos de posibilita-la liquidación do importe da subvención que correspondese, deberán achegar certificación de estar ó día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social así como de non ter débedas coa Xunta de Galicia. Así mesmo, deberán achegar certificado bancario da existencia da conta na que o solicitante sexa o titular.

Artigo 5º

Se a solicitude de subvención non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior, o interesado será

requirido par que, no prazo de dez días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixese, se considerará desistido na súa petición, arquivándose sen máis trámite.

A documentación presentada será analizada polos servicios competentes da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual e o director xeral de Comunicación Social e Audiovisual elevará a correspondente proposta ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que resolverá, esgotando a vía administrativa.

Artigo 6º

Unha vez resolta e notificada a concesión da subvención librarase a cantidade adxudicada, a través de pagamento único, sempre e cando consten na Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual as certificacións sinaladas no punto 9 do artigo 4º.

Artigo 7º

No caso de que o beneficiario da subvención incumprise algunha das condicións ou obrigas estipuladas, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo instruirá expediente sancionador, conforme o previsto na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e, se procede, anulará os beneficios concedidos e solicitará a devolución das cantidades percibidas, segundo o disposto no artigo 78.5º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 8º

De non notificarse resolución favorable no prazo de tres meses a partir da presentación da solicitude, entenderase desestimada a petición correspondente podendo o solicitante, a partir desa data, retira-la documentación presentada nos 30 días seguintes. Transcorrido este prazo arquivarase sen máis trámite.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Comunicación Social e Audiovisual para dictar, no ámbito das súas competencias, cantas disposicións considere precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

9826