Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

INFORMACIÓN pública.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesióin do 28 de outubro de 1998, o proxecto de obra ordinaria Avda. do Instituto -tramo inicialsométese a información pública polo prazo dun mes, para efectos de exame e reclamacións.

Así mesmo, e polo prazo de quince días hábiles, co alcance e efectos do artigo 17.1º da Lei de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación dos titulares dos bens e dereitos afectados pola execución do referido proxecto, e que son os que figuran no anexo 11.4º del, de conformidade con canto se establece no artigo 135 do texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, do 9 de abril de 1976.

Os prazos antes indicados contaranse desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados poderán examina-lo proxecto e o expediente tramitado nas oficinas deste concello, así como formular por escrito cantas alegacións consideren oportunas para os efectos de rectifica-los posibles erros cometidos na relación publicada.

A aprobación inicial acordada será elevada a definitiva sen máis trámite de non formularse reclamacións ou alegacións en tempo hábil, por dispoñelo así o acordo de aprobación inicial, ó abeiro do establecido polo artigo 75 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Predio: terreo.

Titular: Mª del Carmen Vuelta Rodríguez.

Tipo de solo: urbano.

Superficie: 614 m

Domicilio: Avda. Navia, 24-Becerreá.

Becerreá, 12 de novembro de 1998.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde