Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998 pola que se anuncia concurso para a subministración por lotes, con procedemento aberto, para o mantemento das escaleiras mecánicas e do ascensor da estación de autobuses.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras.

b) Número de expediente: M98/6.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: mantemento das escaleiras mecánicas e ascensor.

b) Número de unidades que se van entregar:

c) División por lotes e número: si.

d) Lugar de entrega: véxase punto 1.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: ver epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 42 19.

e) Fax: 981 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicvas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: o primeiro venres seguinte ó do transcurso do prazo de licitación.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta..... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de por lotes, con procedemento aberto, para o mantemento das escaleiras mecánicas e ascensor da estación de autobuses.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de novembro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

10427