Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.465

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (101/1998-M).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos penais, consta a recaída nos autos de xuízo de faltas número 101/1998, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 23 de outubro de 1998. Vistos estes autos de xuízo verbal de faltas número 101/1998, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciante María Virginia Piñeiro Baúlo e o denunciado Juan Ramón Chouza García.

Debo absolver e absolvo libremente a Juan Ramón Chouza García da falta de furto pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a María Virginia Piñeiro Baúlo, con domicilio descoñecido, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

10110