Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación do Plan 2000 Deportes: un campo de fútbol, obra plurianual incluída na 5ª fase da anualidade 1998 do Plan 2000 Deportes.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da obra plurianual incluída na 5ª fase da anualidade 1998 do Plan 2000 Deportes, que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación en horas das 9 ás 13

dentro do prazo dos trece días naturais que comezará a contar desde o seguinte ó de publicación deste anuncio na última publicación oficial (BOP ou DOG).

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de novembro de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Plan 2000 Deportes: un campo de fútbol, obra plurianual incluída na 5ª fase da anualidade 1998 do Plan 2000 Deportes

Denominación obra

Lugar de execución

OrzamentoAnualidades da

obra que se vai dirixir

Prazo

execución da obra que se vai dirixir

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Carballo

Campo de fútbol no polígono industrial, 2, 3, 4b, 5, 6b124.593.295Ano 1998: 56.076.000

Ano 1999: 34.274.000

Ano 2000: 34.243.295

16 mesesC-2, 3, 4, 6-d

I, 1, c

A-2, c

Non se esixe4.983.732