Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1998 pola que se convoca concurso con procedemento aberto e tramitación urxente. (Expediente 6828/98 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: traballos de organización e coordinación dun taller de teatro.

Lugar de execución: deputación provincial.

Prazo de execución: oito meses contados desde o día seguinte ó da formalización do contrato.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 9.650.000 ptas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 386.000 ptas.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 13 días naturais desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 9 de novembro de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

10374