Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. Torre-Pena, no concello de Cenlle. (Expediente IN407A 98/182-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de

instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concello de Cenlle.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos: L.M.T. aérea a 20 kV, de 535 m, en conductor LA-56, con orixe na torre

metálica, nº 19, da L.M.T. ó C.T. Cenlle e final no C.T. aéreo proxectado en Torre, tipo intemperie de 50 kVA e r/t 20.000/380-220; R.B.T. de 1.325 m en conductor R.Z.

e) Orzamento: 7.355.568 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalación eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 8 de outubre de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/182. Provincia: Ourense.

L.M.T., C.T., R.B.T. Torre, Pena.Termo municipal: Cenlle.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

5CarballoViñaLuis Carrasco DocampoCenlle, s/n, 32459 Cenlle, Ourense320

7CarballoViñaFrancisco Pérez FreijidoCenlle, s/n, 32459 Cenlle, Ourense14140

8CarballoViñaSen Carrasco DocampoCenlle, s/n, 32459 Cenlle, Ourense12120

9AdeguiñaViñaSen Carrasco DocampoCenlle, s/n, 32459 Cenlle, Ourense2111110

11/AAdeguiñaViñaFrancisco Pérez FreijidoCenlle, s/n, 32459 Cenlle, Ourense20200

11/BAdeguiñaViñaLuis Carrasco DocampoCenlle, s/n, 32459 Cenlle, Ourense30300

12AdeguiñaViñaManuel Fernández FreijidoCenlle, s/n, 32459 Cenlle, Ourense93930

13SearaViñaManuel Fernández FreijidoCenlle, s/n, 32459 Cenlle, Ourense1050

14SearaViñaJosé Benito AriasCenlle, s/n, 32459 Cenlle, Ourense25200

16SearaViñaManuel Freijido PradoCenlle, s/n, 32459 Cenlle, Ourense3128280

17CotoMonte altoFrancisco Bóveda Vellor/ Dos Basquiños, 1, 15704 Santiago de Compostela15240

19CotoViñaJoaquín Vázquez Domínguezr/ Paraño, 28, 32459 Cenlle, Ourense4220220

21CerradiñasMonte altoFrancisco Bóveda Vellor/ Dos Basquiños, 1, 15704 Santiago de Compostela232

22CerradiñasMonte altoAntonio Vázquez Fernándezr/ Canto, 2-BX, 36611 Vilagarcía de Arousa696

23CerradiñasMonte altoFrancisco Bóveda Vellor/ Dos Basquiños, 1, 15704 Santiago de Compostela696

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

24CerradiñasMonte altoManuel Fernández FreijidoCenlle, s/n, 32459 Cenlle, Ourense464

26CerradiñasMonte altoManuel Freijido PradoCenlle, s/n, 32459 Cenlle, Ourense464

27CerradiñasMonte altoManuel Fernández FreijidoCenlle, s/n, 32459 Cenlle, Ourense5221336

9815