Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.392

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada, a Ángel Manuel Fernández Doval (praza 107/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 5 de decembro de 1997 (BOE do 19 de decembro) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada, a prol de Ángel Manuel Fernández Doval, con documento nacional de identidade número 34.953.909, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ángel Manuel Fernández Doval profesor titular de universidade da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 27 de outubro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

10008