Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 2-11-1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes no soar sito na esquina entre a rúa Lavandeira e a avenida da Coruña, solicitado por J. Constantino Núñez, S.L.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 5 de novembro de 1998.

Visto e prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1995)

Ramón Jaime Arias Roca

Tenente-alcalde delegado de área

9961