Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación de Trabajadores de la Empresa Lácteos de Galicia, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, e para os efectos previstos nel, faise público uqe na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación de Trabajadores de la Empresa Lácteos de Galicia, S.A. coa nova redacción dada ó artigo 7.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos: Raúl Ameijeiras González (presidente) e Carlos

Momán Pampillo (vicepresidente).

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 27 de outubro de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

10291