Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.363

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, do departamento de Representación e Teoría Arquitectónica, a José María Nicolás Ventura Real.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 26 de novembro de 1997, (BOE do 17 de decembro), para a provisión da praza número 97/049, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, do departamento de Representación e Teoría Arquitectónica desta universidade, a favor de José María Nicolás Ventura Real, e unha vez acreditado polo interesado os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José María Nicolás Ventura Real, profesor titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, do departamento de Representación e Teoría Arquitectónica desta universidade.

A Coruña, 21 de outubro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

9868