Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.317

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 26 de outubro de 1998 polo que se convocan bolsas para a concesión de axudas económicas dirixidas a licenciados universitarios que obteñan ó longo de 1999 unha estadía non remunerada nalgunha das institucións comunitarias.

A Fundación Galicia-Europa convoca catro bolsas para financia-la estadía en Bruxelas de licenciados universitarios que sexan aceptados por algunha das institucións comunitarias ó longo de 1999 para a realización dunha estadía non remunerada.

Requisitos:

1. Carta da correspondente institución na que se acepta a solicitude do candidato para a realización dunha estadía non remunerada.

2. Ter un expediente académico con media de notable.

3. Coñecemento dunha lingua comunitaria ademais do castelán e do galego.

4. Ter nacido despois do 31-12-1968.

5. Ter residencia en Galicia.

6. Te-la nacionalidade dun dos estados membros da Unión Europea.

7. Terán preferencia aqueles candidatos que realizasen estudios postuniversitarios en relación con temas comunitarios.

Duración da bolsa:

Ata cinco meses por estadía.

Contía da bolsa:

A contía da bolsa será de 35.000 FB/mes para aloxamento e manutención. Os gastos de transporte e seguros será por conta dos candidatos seleccionados

Data de presentación da solicitude das bolsas:

As solicitudes poderanse presentar ata o 15 de setembro de 1999.

Selección:

A Fundación Galicia-Europa realizará a selección dos candidatos en función dos méritos acreditados por estes.

Información e presentación de solicitudes:

Xunto coa solicitude de bolsa, segundo o modelo do anexo I, deberá presentarse expediente académico, currículum vitae e demais documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos.

As solicitudes deberán presentarse na Fundación Galicia-Europa, rúa dos Feáns, 5, baixo, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 10 12. Fax: 981 54 10 13. Horario de 9 a 14 horas.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa

9950