Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

RESOLUCIÓN da Alcaldía relativa ó levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de nova canalización de abastecemento ó Grove.

Por Decreto 165/1998, do 22 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 109, do 9 de xuño de 1998) o Consello da Xunta de Galicia acordou declara-la urxente ocupación, polo Concello do Grove para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de nova canalización de abastecemento ó Grove.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, faise saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen nas relacións anexas, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que o representante e o perito da Administración se constituirán nos predios o día 27 de novembro de 1998, a partir das 10 horas, procedéndose ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación dos predios afectados.

Advírteselles ós interesados que poderán comparecer por sí mesmos ou mediante representante debidamente autorizado e vir acompañados de perito e notario, pola súa conta, podendo facer manifestacións nel ou achegar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, para os únicos efectos de emendar posibles erros padecidos na relación.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

O Grove, 19 de outubro de 1998.

José Antonio Galiñanes Mascato

Alcalde

Relación de bens afectados

NomeDomicilioDescrición do predioSituación xurídicaSuposto

expropiatorio

Descoñecido.Parcela P.14-231.

Franxa de 343,68 m

(57,28 m de lonxitude x 6 m de largo).

Artigo 94. TRRL.
Herdeiros de María Meis Barral.Ceferino Namancurá. 3847. 1826 Remedios de Escalada. Buenos Aires.Parcela P.14-231.

Franxa de 58,92 m

(9,82 m de lonxitude x 6 m de largo).

Artigo 94. TRRL.

NomeDomicilioDescrición do predioSituación xurídicaSuposto

expropiatorio

Juan Figueiro Meis.Con do Gato, 2. O Grove.Parcela P.14-231.

Franxa de 137,40 m

(22,90 m de lonxitude x 6 m de largo).

Artigo 94. TRRL.
Juan Domínguez Prol.Herdeiros: Javier, Adela e Encarnación Domínguez Ortiz. Rúa da Praza, 17 - O Grove.Parcela P.14-19.

Franxa de 60 m

(40 m de lonxitude x 1,50 m de largo).

A esta propiedade aféctase un muro de cachotería de 40 m de lonxitude e 1 m de altura media.

Inscrita o Rexistro da Propiedade de Cambados. Predio 1.769, segregado dos predios 10.719, 10.720 e 10.721. Libres de cargas.Artigo 94. TRRL.
José Mª Álvarez Fernández e María Goday Domínguez.r/ Sol, nº 30 - O Grove.Parcela P.14-24.

Franxa de 63 m

(42 m de lonxitude x 1,50 m de ancho).

A esta propiedade aféctase un muro de cachotería de 42 m de lonxitude e 1 m de altura media.

Non figura inscrita no Rexistro da Propiedade.Artigo 94. TRRL.

9947