Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación da contratación do seguro de todo risco da construcción e responsabilidade civil e seguro decenal para as obras promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS, do 14 de outubro de 1998, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, lle foi adxudicado o contrato á empresa Axa Aurora Gestión de Segruros y Reaseguros, S.A.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1998.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José A.Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

10263