De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.
Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma nº 4, Vigo) e presenta-lo recurso correspondente.
Nº de expediente: PO-0509-97.
Denunciado: Robustiano Alvariñas Ucha.
Enderezo: Avda. de Ourense, 50, Marín (Pontevedra).
Precepto infrinxido: 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.).
Recurso ordinario presentado o día: 2 de febreiro de 1998.
Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.).
Nº de expediente: PO-1173-97.
Denunciado: José Ramón Pazos Neira.
Enderezo: Canexa, 17-1º, Moaña (Pontevedra).
Precepto infrinxido: 6.11º da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: corenta e cinco mil pesetas (45.000 ptas.).
Recurso ordinario presentado o día: 27 de xaneiro de 1997.
Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de corenta e cinco mil pesetas (45.000 ptas.).
De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta «Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións». Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.
Vigo, 21 de outubro de 1998.
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)
10194