Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias (208SA/97 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decem

bro), e mais do seu regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174 do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples - Monelos - A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado igualmente, a partir día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que éste se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 21 de outubro de 1998.

Rogelio del Valle Muñóz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 208SA/97.

Denunciado: Liste Gago, Manuel.

DNI: 76.327.323.

Ultimo enderezo coñecido: Xeneral Mola 12, 1ª A Coruña.

Feitos denunciados: ter un animal baixo a súa responsabilidade no mercado de Salgueiriños (Santiago de Compostela) sen identificar.

Tipificación de la infracción Regulamento de epizootias: 224 do Regulamento de epizootias en relación cos artigos 5 e 6 do D. 205/1996 e os artigos 4 e 20 da Orde 4-4-1997.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: 045SA/98.

Denunciado: Fernández Sedes, Manuel Francisco.

DNI: 32.598.260.

Ultimo enderezo coñecido: Monte Ardariz s/n, San Sadurniño, A Coruña.

Feitos denunciados: ter sen identificar na feira ó abandoa-la Explt. de orixe, catro animais de raza porcina.

Tipificación de la infracción Regulamento de epizootias: 224 do Regulamento de epizootias en relación co artigo 7 do R.D. 2-5-1996.

Sanción: 18.000 ptas.

Expediente: 066SA/98.

Denunciado: Goméz Bandeira, José.

DNI: 33.265.123 E.

Ultimo enderezo coñecido: Rúa Peixonfrío nº 2, Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: ter gando para a venda, no mercado de Salgueiriños (Santiago de Compostela) sen ningunha identificación.

Tipificación de la infracción Regulamento de epizootias: 7 do R.D. 205/1996, en relación co 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 10.000 ptas.

9884