Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 28 de outubro de 1998, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se fai público o extravío do resgardo do depósito 448/94, para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do xustificante do depósito nº 448/94, constituído o día 23 de xuño de 1994, en Ourense, por medio de aval bancario, polo importe de 102.276 pesetas, e que garante Andel S.C.L., CIF F-32164287.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na rúa Progreso, 38, entreplanta.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo resgardo que anulará o exemplar orixinal.

Ourense, 28 de outubro de 1998.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

9841