Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.239

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de outubro de 1998 pola que se convoca concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres.

Advertido erro (por maquetación confusa) na devandita orde, publicada no DOG nº 220, do xoves 12 de novembro pasado, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 12.165, Requisitos específicos para o desempeño de determinados postos, cómpre aclarar que os «mestres con certificación de habilitación en:», correspóndense liña a liña coas «áreas do primeiro ciclo de ESO para as que queda habilitado», de tal xeito que:

«Ciencias sociais» correspóndese con «Ciencias sociais-xeografía e historia» e así sucesivamente.

10315