Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.232

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0006306/1998.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado pola Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 02/0006306/1998 interposto polo Concello de Cervo contra resolución da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 29 de abril de 1998 pola que se resolve que os bens e dereitos que o Concello de Cervo tiña radicados na parroquia de Burela, pasan a ser bens e dereitos do novo Concello de Burela, esta dirección xeral resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó citado tribunal.

O que se notifica para coñecemento xeral de tódalas persoas interesadas no citado expediente, as cales son emprazadas para que poidan comparecer e presentarse en autos no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, sobre medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1998.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

10134