Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO de aprobación inicial de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio, para ampliación de zona de equipamento sanitario en Torre-Dorrón.

A Corporación Municipal deste Concello, en sesión celebrada o día 25 de setembro de 1998, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio, para ampliación de zona de equipamento sanitario en Torre-Dorrón.

Exponse o expediente á información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, suspéndese o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto de modificación.

Sanxenxo, 9 de outubro de 1998.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

9728