Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/333-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea, Campo Festa-Perlío.

Situación: Fene.

Características técnicas: expediente 333/1998. Liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 y 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al. De 410 m de lonxitude, con orixe no C.T. Campo Festa e final no C.T. Igrexa. De 548 m de lonxtiude, con orixe en liña existente ó seu paso pola r/ Marqués de Figueroa e final no C.T. San Valentín. De 156 m de lonxitude, con orixe en subestación Astano e final no C.T. As Pontes de García Rodríguez-Fene.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

10193