Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/336-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T., A Mata II.

Situación: Cabana.

Características técnicas: expediente 336/1998. Liñas eléctricas aéreas de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. De 3.285 m de lonxitude, con orixe no C.T. A Mata II e discorrendo polos lugares da Mata, Mato Vello e Folgoso. De 1.920 m de lonxitude, con orixe no C.T. Canteira-Martices e discorrendo polos lugares de Martices, Ameixenda e Doeña. De 750 m de lonxitude, con orixe no C.T. A Pedra e discorrendo polo lugar da Pedra. Cabana.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9675