Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a adquisición de mobiliario xeral.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca o seguinte concurso:

-Expediente: 57/1998.

1. Obxecto: adquisición de mobiliario xeral.

2. Orzamento: 4.694.000 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: 30 días desde a notificación da adxudicación.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante por producto.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditase por calquera dos medios previstos non artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio; BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación.

Prezo: ata 5 puntos.

Calidade: ata 3 puntos.

Valoración técnica: ata 2 puntos.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar no Servicio de Subministración do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 981 81 60 23/81 60 28 e fax: 986 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: ás proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do hospital xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe dos anuncios deste concurso público será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 21 de setembro de 1998.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo

10119