Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.125

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1998 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, a Magdalena Barahona Martín (praza 78/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 29 de xullo de 1997 (BOE do 27 de agosto) para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, a prol de Magdalena Barahona Martín, con documento nacional de identidade número 50.540.477, e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Magdalena Barahona Martín profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión da interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de outubro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

9783