Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.125

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento da lingua española, do departamento de Filoloxía Española, a María José Quilis Sanz (praza 65/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 29 de xullo de 1997 (BOE do 27 de agosto) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de lingua española, do departamento de Filoloxía Española, a prol de María José Quilis Sanz con documento nacional de identidade número 07.218.486, e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María José Quilis Sanz profesora titular de universidade da área de coñecemento de lingua española, do departamento de Filoloxía Española.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión da interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 16 de outubro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

9695