Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.123

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1998 pola que se publica a lista de persoas admitidas, o lugar e a data de comezo do primeiro exercicio da oposición para a provisión dunha praza de auxiliar gravador ou gravadora, en quenda restrinxida, vacante no cadro de persoal do Parlamento de Galicia.

Finalizado o prazo de presentación de instancias e cumpridos os trámites pertinentes, ó abeiro do disposto na base 4.1 da convocatoria da oposición para a provisión dunha praza de auxiliar gravador ou gravadora, en quenda restrinxida, vacante no cadro de persoal do Parlamento de Galicia (BOPG núms. 133, do 9 de setembro de 1998, e 154, do 5 de outubro; e DOG núms. 183, do 21 de setembro de 1998, e 193, do 5 de outubro), esta Presidencia adoptou a seguinte resolución:

Primeiro.-Declárase admitida a Celia Lorenzo Nogueira, DNI núm. 34.982.965-B (doc. n.º 5.362); non houbo ningunha persoa excluída.

Segundo.-Fíxase como data e lugar de realización do primeiro exercicio da oposición o día 3 de decembro de 1998, xoves, ás 11 horas, no Pazo do Parlamento, na Unidade de Gravadores do Servicio de Publicacións, planta 2ª.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante a Mesa do Parlamento (rexistro xeral, sito no Pazo do Parlamento, en Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1998.

Celso Delgado Arce

Prseidente do Parlamento de Galicia en funcións

9737