Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

RESOLUCIÓN da alcaldía pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, de nomeamento de funcionaria.

Faise público o nomeamento como funcionaria de carreira da escala da Administración especial, subescala técnica, clase media, do cadro de persoal deste concello, de:

-Ángela Varela Suárez, con DNI 76.362.151, como posto base B (traballadora social).

O nomeamento fíxose por resolución desta alcaldía do 7 de outubro de 1998, unha vez rematado o proceso selectivo.

Para adquiri-la condición de funcionaria de carreira prestará xuramento ou promesa, de conformidade co disposto no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, e tomará posesión do seu destino no prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 25.2º, do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Culleredo, 8 de outubro de 1998.

P.D. (Resolución 29-9-1998)

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde en funcións

9623