Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1998 pola que se anuncia concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de rehabilitación e adecuación dos terreos da antiga Batería de Artillería de Costa do Monte de San Pedro.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: 098/73.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras de rehabilitación e adecuación dos terreos da antiga Batería de Artillería de Costa do Monte de San Pedro.

Prazo de execución: dez meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 130.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d, grupo k, subgrupo 6, categoría a.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, este quedará automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposiciones económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de rehabilitación e adecuación dos terreos da antiga Batería de Artillería de Costa do Monte de San Pedro.».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de outubro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

10115