Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1998 pola que se anuncia poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de reparación de baldosa na zona contigua á praza González Dopeso.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: 098/70.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de reparación de baldosa na zona contigua á praza González Dopeso.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 7.126.687 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 142.534 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, este quedará automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposiciones económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de reparación de baldosa na zona contigua á praza González Dopeso (referencia 098/70).».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 27 de outubro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

10112