Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 14 de outubro de 1998, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fan públicas, para efectos de notificación, unha relación de propostas de resolución de expedientes sancionadores (095/1998-LU e 139/1998-LU).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a proposta de resolución en expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: 095/1998-LU.

Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.

Enderezo: r/ Río Condomiñas, 4. Cedeira (A Coruña).

Nº de expediente: 139/1998-LU.

Denunciado: José Ponce Montero.

Enderezo: r/ Regoa Pontigas, s/n. Cedeira (A Coruña).

Celeiro - Viveiro, 14 de outubro de 1998.

Pablo R. Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo

9692