Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/124-2, 5010 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Viladime-Cortiñas (Sober).

Situación: Sober.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 2.607 m de lonxitude en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. 2 centros de transformación de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión de 3.720 m de lonxitude en conductor R.Z. 0,6/1kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 6 de outubro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9554