Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1998 pola que se fan públicas diversas adxudicacións de contratos de obras (ampliación do IES Xosé Neira Vilas de Oleiros e outras).

Resolución do 15 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, pola que se fan públicas diversas adxudicacións de contratos de obras.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, esta delegación acorda dar publicidade ás adxudicacións dos contratos de obras que se relacionan:

1. Forma de adxudicación: tódolos contratos que se relacionan a continuación foron adxudicados por poxa aberta, ó amparo do disposto nos artigos 74 e 75 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

1.1. Obxecto do contrato:

Ampliación do I.E.S. Xosé Neira Vilas de Oleiros.

Contratista: Altra de Construcción, S.L.

Importe de adxudicación: 27.320.410.

Data de adxudicación: 24 de agosto de 1998.

1.2. Obxecto do contrato:

Cubrición pista polideportiva no CEIP Francisco Franco de Carballo.

Contratista: Construcciones A. Varela Villamor, S.L.

Importe de adxudicación: 31.757.072.

Data de adxudicación: 4 de setembro de 1998.

1.3. Obxecto do contrato:

Desmonte e reparación da calefacción no IES Ánxel Casal. A Coruña.

Contratista: Iglesias Miras, S.A.

Importe de adxudicación: 23.504.444.

Data de adxudicación: 8 de outubro de 1998.

A Coruña, 15 de outubro de 1998.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña

9788