Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.063

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA

ANUNCIO.

Anúnciase a contratación de adxunto ó departamento de Actividades e Creacións Artísticas da Fundación Semana Verde de Galicia que desempeñará a súa función na sede administrativa da fundación, no recinto feiral de Silleda-Pontevedra, a xornada completa, contratación que se someterá ós principios de igualdade, mérito e capacidade entre persoas que demostren a súa cualificación profesional. Os interesados terán que remitirlle á fundación, ó recinto feiral sen número, de Silleda (Pontevedra), dentro do prazo dun mes desde a publicación deste anuncio, as súas circunstancias persoais, titulación e demais circunstancias atinxentes ó posto que se oferta, que consideren conveniente relacionar, coa proposta da retribución económica anual bruta que pretendan percibir por tódolos conceptos.

José Maril Sánchez

Presidente da Fundación Semana Verde de Galicia

9699