Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión que tivo lugar o día 21 de setembro deste ano, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución nº 21 (U-21-Vaquería-Carme de Abaixo), do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica, segundo o proxecto promovido por Construcciones Otero Pombo, S.A. e formulado polo arquitecto Víctor López Cotelo.

Co citado estudio de detalle aprobouse inicialmente a delimitación da correspondente unidade de actuación, que se propón desenvolver a través do sistema de compensación.

O ámbito da actuación inclúe as parcelas 02, 07, 08 e 09 do cuarteirón 1.208 do plan especial, sitas na marxe leste da rúa do Carme de Abaixo, fronte ós números 3 a 9 da citada rúa.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 44.3º e 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese á información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión do Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que coiden oportunas.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10071