Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.039

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (166/1998).

En cumprimento do acordado por resolución con data do 15 de setembro de 1998, a xuíza de Primeira Instancia e Instrucción de Muros (A Coruña), fai saber que neste xulgado e co nº 166/1998, por instancia de María Ángeles Queiruga Lago sobre declaración de falecemento do seu esposo Ceferino Rivadeneira Abeijón.

Ceferino Rivadeneira Abeijón, de profesión mariñeiro, traballaba para a empresa melillesa Marítima Peregar, S.A., a bordo do buque Volcán de Tamia.

O 31 de xullo de 1996 o buque Volcán de Tamia colisionou en augas do estreito de Xibraltar co buque Ever Reach e como consecuencia da abordaxe fundiuse irremisiblemente, arrastrando con el o home da instante, que desapareceu desde aquel momento e do que nunca máis se volveron ter noticias.

O que, para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación cos artigos 193 e concordantes do Código Civil, se fai público mediante o presente edicto, o cal se publicará no taboleiro de anuncios deste xulgado, no BOE e no Diario Oficial de Galicia, por dúas veces e co intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oído no mencionado expediente.

En Muros o 15 de setembro de 1998.

A secretaria

Rubricado

A xuíza

Rubricado

9697