Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), para a adquisición de productos lácteos e derivados (C.P. 103/99).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites admi

nistrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: adquisición de productos lácteos e derivados.

Orzamento: 24.575.000 ptas.

Garantía provisional: 491.500 ptas.

Lote 1: leite enteiro (litro).

Orzamento: 14.490.000 ptas.

Garantía provisional: 289.800 ptas.

Lote 2: queixo barra (kg).

Orzamento: 325.000 ptas.

Garantía provisional: 6.500 ptas.

Lote 3: queixo fresco (kg).

Orzamento: 2.400.000 ptas.

Garantía provisional: 48.000 ptas.

Lote 4: leite descremado homoxeneizado (litro).

Orzamento: 4.500.000 ptas.

Garantía provisional: 90.000 ptas.

Lote 5: iogur natural e desnatado natural (unidades).

Orzamento: 1.980.000 ptas.

Garantía provisional: 39.600 ptas.

Lote 6: queixo porcións desnatado.

Orzamento: 880.000 ptas.

Garantía provisional: 17.600 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, tramitación anticipada.

Prazo de entrega: segundo calendario de entregas (anexo II).

Admisión de variantes: admítese a presencia de ata unha variante.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 50%.

Calidade do producto: 35%.

Prestacións da subministración: 15%.

Total: 100%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán acehega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 28 de outubro de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

9986