Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 16 de outubro de 1998 pola que se declara extinguida a concesión administrativa do parque de cultivo mariño sito no distrito marítimo de Sada, titularidade de Manuel Pérez Botana.

Visto o expediente de caducidade instruído á concesión administrativa do parque de cultivo mariño sito na marxe esquerda do río Lambre, distrito marítimo de Sada, da que é titular Manuel Pérez Botana.

Resultando que con data do 15-2-1996 foi ordenado pola Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de A Coruña o inicio do expediente de caducidade da antedita concesión por levar inactivo un tempo superior a dous anos e remata-lo prazo de vixencia sen solicita-la prórroga.

Resultando que o acordo de inicio do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario do dito expediente lle foi comunicado ó interesado con data do 21-2-1996, sen formular alegacións dentro do prazo concedido.

Resultando que a proposta de resolución do expediente de caducidade lle foi comunicada ó interesado con data do 28-6-1996, sen que este formulara alegacións dentro do prazo establecido legalmente.

Considerando que o parque de cultivo leva máis de dous anos sen explotación, e que non se presentou a solicitude de prórroga dentro do prazo establecido sendo estas causas de caducidade das previstas no artigo 72 a) e c) da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Resultando que o expediente foi tramitado conforme a dereito, segundo informe emitido pola xefa do Servicio Técnico-Xurídico.

Vistas a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e demais disposicións de pertinente aplicación.

Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida pola instructora do expediente, acorda, no

exercicio das súas atribucións e competencias, extingui-la concesión administrativa do parque de cultivo mariño titularidade de Manuel Pérez Botana, que ten as seguintes características:

Establecemento: parque de cultivo mariño.

Localización: zona marítimo-terrestre, marxe esquerda do río Lambre, distrito marítimo de Sada.

Especies: moluscos.

Ocupación dominio público: 27.400 m.

Orde de outorgamento: 15-9-1966 (BOE nº 229).

Fin da vixencia: 15-9-1986.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

9584