Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 5052 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Pizarras de Quiroga, S.A.

Finalidade: instalación de coxeración de enerxía eléctrica e industria mineira

Características: anteproxecto central coxeración, motor combustión interna e xerador de 650 kW combustible gasóleo.

Emprazamento: As Medas-Quiroga.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 23 de setembro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9384