Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 outubro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos de redacción de proxecto.

En cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade á adxudicación que se identifica a continuación:

-Redacción de proxecto da obra do Conservatorio de Música, Danza e Idiomas de Lugo.

Adxudicatario: Alfredo Freixedo Alemparte.

Orzamento: 18.000.000 de ptas.

-Redacción de proxecto do instituto Antón Fraguas Fraguas en Santiago de Compostela (A Coruña).

Adxudicatario: Fernández-Gago Antón-Fraguas, U.T.E.

Orzamento: 3.075.000 ptas.

-Redacción de proxecto do centro de ensino en Atios- Valdoviño (A Coruña).

Adxudicatario: Alfonso Fernández Bernárdez.

Orzamento: 3.082.000 ptas.

-Redacción de proxecto do centro de FP en Bouzas - Vigo (Pontevedra).

Adxudicatario: Carlos Pellitta Quiroga.

Orzamento: 6.199.255 ptas.

-Redacción de proxecto do IESP no Barco de Valdeorras (Ourense).

Adxudicatario: Arquipo, S.L.

Orzamento: 3.500.000 ptas.

-Redacción de proxecto do centro de ensino Conde de Fenosa en Ares (A Coruña).

Adxudicatario: Francisco Rodríguez Castañeda.

Orzamento: 2.552.000 ptas.

-Redacción de proxecto do centro de ensino en Vedra (A Coruña).

Adxudicatario: Gustavo Díaz García.

Orzamento: 3.000.000 de ptas.

-Redacción de proxecto do centro de ensino Monte Caxado nas Pontes (A Coruña).

Adxudicatario: deserto.

-Coordinación das direccións de obra de centros nas provincias de Ourense e Pontevedra.

Adxudicatario: María Blanco-Rajoy Sánchez.

Orzamento: 5.800.000 ptas.

-Coordinación das direccións de obra de centros nas provincias da Coruña e Lugo.

Adxudicatario: Jesús Álvarez Flórez.

Orzamento: 5.800.000 ptas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

9968