Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 05 de novembro de 1998 Páx. 11.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a subministración de pedra para os muros do predio do Pazo de Mariñán. (Expediente 98/9126 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de pedra para os muros do predio do Pazo de Mariñán.

Lugar de execución: Pazo de Mariñán.

Prazo de execución: ata o 17 de febreiro de 1999 e segundo a demanda derivada dos traballos.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 3.393.000 ptas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 135.720 ptas.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: en horario laboral das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 29 de outubro de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

9963