Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 05 de novembro de 1998 Páx. 11.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-293).

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 28 de maio de 1998, acordou aprobar definitivamente o texto refundido do Plan parcial para o desenvolvemento do sector D-38-R Graxal, no Seixo-Liáns.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Tamén se poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Oleiros, 23 de setembro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

9966