Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 05 de novembro de 1998 Páx. 11.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a resolución de imposición de sanción relativa ó expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OR-E-0135/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación, as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OR-E-0135/1998.

Denunciado: César Linde Fernández.

DNI: 10.596.716.

Enderezo: km. 28,500 da CN-541 - O Carballiño.

Establecemento: La Mansión.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, e o 81.35º do RXPEP e A.R. aprobado polo R.D. 2816/1982, do 27 de agosto.

Importe da sanción: 20.000 ptas.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta dele

gación provincial número 2046-0030-24-404000200-4 de Caixa Ourense, sucursal Torre de Ourense, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo ingreso deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta delegación provincial, sita na Avda. Habana, 79-2ª esquerda en Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 7 de outubro de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

9946