Convocado concurso por resolución da Universidade de Vigo do 29 de xuño de 1998 (BOE do 18 de xullo), para unha praza do corpo de profesores titulares de universidade da área de coñecemento de enxeñería eléctrica.
Finalizado o pasado 12 de agosto de 1998 o prazo de presentación de solicitudes sen que se recibise ningunha.
Este rectorado resolveu declarar vacante a praza con referencia 43/98 do corpo de profesores titulares de universidade da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Eléctrica.
Vigo, 15 de outubro 1998.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo
9680