Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 05 de novembro de 1998 Páx. 11.928

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PRESIDENCIA

DECRETO 292/1998, do 26 de outubro, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Álvaro Arzú Irigoyen, presidente constitucional da República de Guatemala.

En atención ós méritos que concorren en Álvaro Arzú Irigoyen, presidente constitucional da República de Guatemala, e ó amparo do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto e logo de acordo co Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de outubro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Álvaro Arzú Irigoyen, presidente constitucional da República de Guatemala.

Santiago de Compostela, vinteséis de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9846