Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 4 de agosto de 1998, aprobou definitivamente os estudios de detalle correspondentes a:

-Estudio de detalle para sinalamento de aliñacións e rasantes en ordenación de volumes do plan parcial SAU-2.

-Estudio de detalle para fixación de aliñacións e ordenación de volumes na parcela sita en Taragoña entre C-550, km. 18,50 en pista a Cruz deste municipio.

Contra os anteriores acordos, que esgotan a vía administrativa, pode interporse, no prazo de dous meses, contados desde a súa publicación, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

logo de comunicación a este concello (artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro).

Rianxo, 6 de outubro de 1998.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde

9467