Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

EDICTO do 7 de outubro de 1998 polo que se anuncia a convocatoria de concurso-oposición, por promoción interna, para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar de Administración xeral, incluída na oferta de emprego público para 1998.

Requisitos:

-Pertencer á escala de Administración xeral do Concello de Meis.

-Posuí-lo título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

-Levar polo menos dous anos como funcionario de carreira no grupo inmediato inferior ó da praza á que aspira.

Solicitudes:

Para tomar parte no concurso oposición pódense presentar dentro do prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

O texto íntegro das bases están á disposición das persoas interesadas na secretaría do concello e publícase tamén no BOP.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos do concello.

Meis, 7 de outubro de 1998.

Jorge Casal Pintos

Alcalde

10011